IDIOMA

Posted by puntodefugaXan 19th, 2010puntodefuga on

Maurits Cornelis Escher. Relatividade.

acrecentamos as palabras co peso dos invernos
coa xeada e cos ecos dunha voz en erosión constante:
constituimos un presente de baleas
e no noso interior albergamos
patria, incertidume, fragmentos de memoria, peso, poemas, máis peso, espazos para a dor, ruínas, camiños de bosque, argumentos
contra o terror:

IDIOMA

  • poemas
  • Comentarios desactivados en IDIOMA

Os comentarios están pechados.