Posted by puntodefugaDec 24th, 2009puntodefuga on

Maig-68-6

La identificación entre capitalismo y realidad tiene como efecto convertir la vida en la auténtica forma de dominio. Pero si la vida funciona como una verdadera forma de dominio, a la vez, la vida misma se transforma en un campo de batalla.
Hoy, la vida es el campo de batalla.
(Santiago López Petit, Breve tratado para atacar la realidad, p.19)

porque tampouco a túa voz equivale ao teu peso real
-o despotismo que pode exercer unha mirada-
fundación:
estirpe de círculos concéntricos
e moldes para facer biscoitos
gardo a palabra na artesa onde a miña nai amasaba o pan
no cuarto das ferramentas
óxido
lentes
cartas vellas
porque lanzar pedras contra a fiestra non é sinónimo de resistencia
daquela a Historia sería o resultado de sumar paredes
sería a Vontade de Enmudecer
sen ter permiso nin tempo nin espazo abondo para facelo
a sensación de permanencia
e residir e enfermar
no territorio-nación:
peso
contraatacando unha e outra vez os espellos e os mecanismos do frío
con calquera forma de resistencia que impida a unificación dos fragmentos nun Eu-Social de contornos claros e distintos
e ausencia de voz
fronte ao avance dos bárbaros que aman e producen o Idioma (léase animalidade,
metáfora)

ou armas para atacar a realidade

con santiago lópez petit

  • poemas
  • Comentarios desactivados en

Os comentarios están pechados.