punto de fuga
raíces. setembro
aniquilación da paisaxe
verbal
porque saín do poema,
da fotografía
senón, atoparte na desolación, cando recibín o meu nome da túa linaxe escura
der Stille
a encrucillada
a velocidade da mazá
inútil
que ofrecerche
sen sílabas (o silencio paréceme un froito así delicioso, unha fortaleza nosa, inexpugnable)
pero adoecemos
por dentro porque tamén en nós
todo acto
entraña unha dislocación do mundo
de cada espello cada árbore
dispoñer a realidade ao longo da historia
unha sucecesión de vencidos terra, patria, animal
salvaxe
voz
a miña linaxe de cemento e terra mollada,
o meu cuarto, o que non che debo, o que acatei, a desorde
revolución é agora
porque non podo deixar de pronunciarte
porque aquelas plantas a ninguén lle pertencían
e os inquilinos hai tempo que destruiron a escena aquela na que a casa engulía veleno e dozura
a partes iguais
son convosco
a partes iguais
na desolación da paisaxe
na procura dunha noción autónoma
miña
desgarrando retallos de
calquera pantasma, cosendo unha e outra vez as costuras do vestido, impedindo que a lúa se dilate
producindo unha alteración irrefutable na memoria da paisaxe
queres saber a miña historia, o por que da miña predilección polas máquinas,
lugar onde nacer é inevitable
e resistir,
na perda de referentes, na ausencia de voz, territorio:
literatura de pantasmas, de lobos feroces e abismos que repousan no meu rostro
canto reteño en mín a inmensidade da túa  linaxe, de bosque, de escuridade como unha boca
que nada acende, así detida, contra o horizonte
pero ao mesmo tempo libre, allea a calquera ubicación
aquí
fóra do tempo
raíz exacta,
solución á ecuación do medo
e á fabricación do eu
(aínda así non me vale, terei que refacer os límites, estirar a pel do meu entendemento,
odiarte)
daquela romper, darlle a volta, fundar máis dunha historia do pensamento
reter na memoria as raíces para desprender delas a posibilidade
o percorrido
polos libros pechando sobre sí mesma a vida
abrindo sobre a vida os corpos
única paisaxe
que sexa cruel, filosófica, fértil
que nos invada
neverwinter nights (ou o soño do vixía na torre do método cartesiano)
I
e residir aquí, na vertebración da memoria,
igualando os vértices, alimentándome de espellos, de obxectos en suspensión sobre os mares do Leste,
acadamos pel, ollos, órganos sensibles abondo para nos manter alonxados da vida, superficie
lenta
que non esconde nada
mais tí teimas en seguir proxectándote cara adiante
malia a imposibilidade do contacto
malia o enigma que ameaza as nosas bocas
contemplación da esfinxe
aniquilación dos espellos, pero tamén, e sobre todo, do que poida haber ao outro lado
o lugar exacto onde debemos botar áncoras, raíces, pés e desertos, días de nubes negras e pan negro
e bocas negras como certidume
de que nunca existiches
non había luz, nin sequera devezo polo desprazamento
ningún poema serviu ao mundo de alimento
ningún acto ten sido aínda realizado en contra do sentido
II
buscádeme entre os desexos infundados, dixo a autora, entre a pólvora e os espellos innumerables que constitúen o meu ser-no-mundo (o meu desexo de devorar o xenio maligno, as súas intencións de facerme invulnerable)
que a linguaxe non me pertenza, que non se me acaben ainda os caramelos de café con leite, a bóveda celeste, os longos pasadizos que levan ao monstro máis forte e máis difícil de vencer
ante todo, manterse na divagación, non acreditar en ningún inimigo, na existencia de ningún inimigo, somos fértiles como a terra que sometemos (eu, coma vós, tamén pertenzo á xeración perdida das que medramos entre os penedos e as leiras, na procura  dun idioma compartido (léase sede de vinganza)
东方红，太阳升…
dongfang hong, taiyang sheng,
(na aprendizaxe, no camiño a Ítaca, na tolemia: ser feliz sen inmutarse)
situacionismo:
o oriente é vermello, érguese o sol e caen os corpos en ringleiras sobre os eidos (a miña avoa regaba o millo erguida contra o horizonte, sen pestanexar,
quería ser a nena das longas trenzas, obviando a negrura que medraba debaixo dos seus pés)
son unha persoa, non un entendemento puro nin un producto da economía de mercado!
berraba, pero por fóra do libro, a túa existencia redúcese a un lixeira vibración do motor,
causa-efecto causa-efecto causa-efecto
de ser quen de comprender a besta
deriva da musa (ou tamén oda ao ocaso do pensamento occidental)
cabelo trenzado
nun mar de coitelos, a princesiña navega, vai recitando versos de Heráclito:
(a mazá está podre demáis para suscitar a miña codicia, iso sí, manteño intacta a a sede de vinganza)
a princesiña navega: teño unha vida marabillosa, escenifícome a cada instante, deixo moitos espazos en branco para non ser malinterpretada (para que entres)
palabras pequenas en bocas pequenas, xente pequena, encollida pola saturación de luz,
pola crueldade da paisaxe,
todo poema quere ser un territorio, irse erosionando,
pero ningún experimento sintáctico abonda para comprender
que calquera xesto (que borres) é inútil, calquera palabra (que autorices) é inaceptable
rumor de mar, a princesiña navega
o público pasa desapercibido
xa non digamos o espectador, esa especie ao límite da extinción (e do que a partir daí se deduce)
-extinción da paisaxe
cabelo trenzado
nun mar de coitelos
ata cando pagarás coa vida o teu nome?
no sillón incómodo, verbos intransitivos, léase amar, fugacidade, tí
o espello freudiano
o espello da emperatriz Wu Zetian
lonxe de sí, saudando o séquito de pretendentes, bebéndolles o sangue aos antepasados
(e aos contemporáneos, a memoria)
afogar de referencialidade
alá onde os signos se extinguen
onde o éxodo non está en internarse no alleo senón en mudarse ao propio
ou calquera distancia
os meus dedos xa sinalaron o camiño
xa redondearon as formas
xa produciron sal, asimilación de derrotas, cantigas das vellas, arte, sexualmente
falando, na vertebración da paisaxe: andiven ata esgotar as causas e as consecuencias, da fe non falarei (de nada serve proxectarse, calquera parto é unha forma de alleamento, obviamente
nada me é propio, a non ser a constatación do veleno,
a dozura expandindo o meu corpo en tódalas direccións)
despois viñeron os soños, os itinerarios exactos da viaxe ao monte Tai, e como alí instauraches o altar á fertilidade, o culto á razón, aos innumerables
espellos
contra a escrita, contra as ansias de comunicar, de ocupar efectivamente un hábitat (léase nación, lingua, territorio)
MANIFESTO: o noso será un tempo-máquina ou non será, un presente erguido contra o horizonte, un idioma mutante, un poema exento de raíces
nos a-fóra(s), con Calis
POESÍA SEN POEMAS
ningún lugar  nos é común, ningunha posibilidade nos é allea
RAIDA ROSA SOBRE ROSA
lémbrasme que existo, que aínda respiro nos conductos plásticos dunha metropolis.
unha lexión de coleópteros acuden á chamada do mutante.
EVA DO ROXO
quen entra. quen dá a benvida, quen marcha, quen fica
A Pantera Rosa non imita nada, non reproduce nada, pinta o mundo da súa cor, rosa sobre rosa, ese é seu ocorrer - mundo para ocorrer imperceptíbel, asignificante, trazar súa ruptura, súa propia liña de fuga, levar ata o final súa “evolución aparalela”
todos os momentos da miña vida están terriblemente condicionados pola lectura de DELEUZE-GUATTARI (a verdade revelada polas máquinas):
-non sei, cando espertei tiña os petos cheos de caramelos (predilección polas linguas minorizadas)
predilección polo rosa sobre rosa, entón, ocorrer pantera rosa de Raida, Eva e  Carles-Lluís? virtualidade que se actualiza nun desa - forarse, nun des.-dentrarse?
unha potencialidade do pensamento atentan aos charcos que produce a chuvia…
-non sei, cando espertei tiña os petos cheos de caramelos…
A escrita de Raida vive e medra atenta a diferencia e a singularidade dos corpos pese as marcas do capital.                                                                                            Chéganos dende unha política que desautoriza o estado de cousas, pois non cansa de repetir a dureza contextual do presente.
-non hai organismos vivos, nin revolución, nin proletariado
-non hai teorías globais, universos de sentido para autorizar o presente
Ao tempo asume ca mesma radicalidade a fin das identidades centradas, mais cunha predilección pola proliferación das mordeduras que asignifican e trazan a súa ruptura e xeneran a súa propia liña de fuga e levan ate o final a morte dos sistemas centrados e verticaizados onde se engancha o eu metafisico-falologocentrado…
(non chegar ao ponto de xa non dicir eu, senón a ese ponto no que xa non ten ningunha importancia dicilo ou non dicilo)
-non sei, cando espertei tiña os petos cheos de caramelos (predilección polas linguas minorizadas)
Escrita, aberta, conectábel en todas ás súas múltiples dimensións, alterábel, susceptíbel de recibir constantemente modificacións.
Escrita que pode ser rota, e alterada, que pode adaptarse a distintos montaxes, debuxarse nunha parede, escribirse en rede e escribirse na planta dos pes dos seres amados, concibirse como unha obra de arte, construírse como unha acción política e como unha meditación. Unha guerra de guerrillas. UN ASUNTO DE PERFORMANCE.
…falo de superficies aptas para o desprazamento.
O desexo articula aquí a partir de memorias cortas un libro futuro, Unha vida por-vir, un mundo de redes autónomas e finitas nas que a conversa dáse entre non-veciños calqueras.
(ante todo, isto que vés non é un libro, é un paraugas por riba das nubes,
a-fóra(s)
POESÍA SEN POEMAS
ningún lugar  nos é común, ningunha posibilidade nos é allea
Raida Rodríguez, Eva Méndez do Roxo, Carles-Lluís Pallarès
proxecto de mín (e outras)
o poema, estilos e estilos de baleirar o contido de tódalas botelliñas maneiras de amar,
cunha periodicidade exacta memorizar a vertixe, os beizos verquendo a palabra velenosa
sobre a imposibilidade da fe
Casa de aldea, tres ou catro mártires inquedos diante do aparello televisivo
(e cada vez máis, no desexo, na proxección do propio intelecto máis aló das leis da física)
a miña obsesión por contar nubes
e ser capaz de percibir tódalas respostas posibles aos climas oceánicos
-lín aquel tratado sobre a eficacia e cando volvín os ollos fóra do libro xa non había nada
nada que puidese equivaler a unha existencia xenuina, real
o absoluto engaiolado na miña boca frenética, o horizonte aberto entre as paredes da Casa
-enganeime, non era este o lugar perfecto para realizar unha aterraxe forzosa
o desexo: pero é que todo é tan pequeno que non vía onde pousar os pés…
-e se só estou viva para vingar as túas ás?
cada obxecto, unha ausencia, do mesmo xeito ca mín, que nunca quixen servir para nada,
ainda así a serpe  sempre me observa con ollos cobizosos pero eu nunca lle ofrezo a mazá,
tampouco penses que a como, xogo a darle patadas ata que reventa
adoecendo baixo un ceo baleiro de nubes (baleireino eu,
tiña tanta sede)
velaquí o enigma de Parménides, o padecemento das súas consecuencias
(exemplo de reparto de tarefas)
eu desprazareime cara o sur namentres haxa aves migratorias,
estirarei a pel ata converterme na miña propia casa,
explicarlles iso aos alieníxenas que me habitan:
el buit infinit acaba en si mateix i comença en la manca dels altres, dixo el
a continuación a sucesión das fases do sono, o animal-rizoma nas puntas dos dedos
-posuirás o meu corpo coa seguridade da túa propia derrota?
é o único xeito que coñezo de acceder ao exterior,
repite comigo: calquera forma de expresión é válida para transformar a materia,
ningún substrato é inalterable.
nun planeta lonxano, descoñecido: os meus pais, peregrinando á virxe dos tolos, proxectándose cara adiante con unllas e dentes, calor abafante, era despois da sega, eu voltara da viaxe cun sorriso perpetuo, xa nunca nada me pertencería, a non ser a escisión, a división de todo en partes iguais, e no centro, a negrura
volvendo cegos os animais salvaxes, aniquilando a posibilidade de abrir ningunha porta,
todo son entradas, mais ningunha saída!
querías, ainda así, dar a luz paradisos: un por cada membro da tribo, facer que nunca máis ninguén precisase de ningunha divinidade, sobre todo, de ningunha encarnación de tal divinidade:
(antídoto para espectros, desviación do medo ao avance das tropas inimigas,
ABRACADABRA,
é a cidade mesma quen se move na procura da vinganza)
imposible existir mentalmente
revolución: erradicar tódolos comezos,
multiplicar os cortes ata o infinito
(extraído do co mentario ao I-Ching, Libro dos Cambios)
-e se resulta que todo é metafísica?
-onde residiría daquela  o poder contestatario da linguaxe?
-shhhhhh
CONVITE
Martes, 22 de xullo, ás 20h, en:
Galería Sargadelos
A Coruña
Rúa Real, 56
POESÍA SEN POEMAS
ningún lugar  nos é común, ningunha posibilidade nos é allea
Intervirán: Raida Rodríguez, Eva Méndez do Roxo, Carles-Lluís Pallarès
O suxeito poético é unha utopía.
Non hai un poder unificado, o poder está disperso, por iso non se pode conquistar, dí Sadie Plant.
Pero pódese perverter. Na palabra. A que xorde da dor da escisión. A que desexa. Desexo de vida. Alleo a calquera horizonte de sentido.
coro dos alumnos dunha escola rural: San Cristovo de Cea, Ourense (foi así como medramos, na contemplación da verdade, no espanto)
-non hai organismos vivos, nin revolución, nin proletariado
-non hai teorías globais, universos de sentido para autorizar o presente
soa o teléfono pero non contesto
non estou
desfágome en interioridades de doncela guerreira
podendo querer berrar: “sí, sei que non son mans de home as que poden matar o dragón, mais estas non son mans de home”
(non chegar ao ponto de xa non dicir eu, senón a ese ponto no que xa non ten ningunha importancia dicilo ou non dicilo)
eu tamén quero ser exploradora
construirme literariamente
por exemplo:
-os meus pés esmagarán todo o que sexa necesario ata que no mundo só quede a musa esférica que me pariu
-de aí o teu pánico ás superficies planas?
-non sei, cando espertei tiña os petos cheos de caramelos (predilección polas linguas minorizadas)
-daquela non hai resurrección posible?
-nin morte
todos os momentos da miña vida están terriblemente condicionados pola lectura de DELEUZE-GUATTARI (a verdade revelada polas máquinas):
-somos invencibles?
-somos
-daquela, para que a linguaxe?
-para decidir a historia
-decidir os vencedores e os vencidos?
-decidir o desexo
-está o desexo recollido en algún compendio ou enciclopedia?
-non, está nas cousas
-naquelas accións que non escolles?
-no acabamento
-na derrota
coro das musas:
non é certo que calquera suxeito poida poñerse a sí mesmo como acabamento
nin que a linguaxe en sí mesma implique un deterioro
-falas de palabras  que producen?
-non, falo de superficies aptas para o desprazamento
(traxectos que contrarresten o peso do horizonte
que levamos atragantado na gorxa)
Fotografías
volveuse tola a musa dentro de min
e os ratos sairon a festexalo facendo xantar nas conciencias dos habitantes da cidade-país (un exército de ratos contra un exército de cabezas pensantes
velaí a teoria do significado)
estraña é a linguaxe dos super-vivintes,
eses dos que falarán as cancións cando
ningunha voz (léase cámara fotográfica ou desexo de ser fotografiada para a posteridade) se nos impoña sobre o desexo
alternativa:
ollos de gato con amorogos
facer o amor por riba das nubes
e debaixo
palalalalalalalabras
Negativos
dende a realidade que lle impon nomes á vida:
LIPPEN-SCHWELLGEWEBE der Du-Nacht,
e tamén beizos, tecido-límite da noite-tí.
presentir algo semellante,
como sobrevivir daquela,
senón na devastación, na ferida
amplo seria o mundo de haber como e onde e de quen e por que ESPERTAR
cando
Copias
1. Anteollos escuros pra ler a Paul
2. Ósos rotos despois da merenda,
unha fiestra, un ruido de sabor -tempo
entrando polos meus orificios, dando a voz de alarma.
3. Non te entenderán. nin que lles expliques o peso das balas que devecen por seren utilizadas
4. as cancións de Kitsch polo sumidoiro
5. un bosque ardendo a modo de parede
(significar é unha maneira das moitas que ten a pornografía: un acto público con independencia de que os espectadores sexan ou non visibles, obxectivamente existentes)
na imposibilidade do dicir
sufríndo unha e outra vez a mordedura do mosquito heideggeriano
presente, pasado e futuro: un bombardeo de lugares comúns
-non, non eran lugares comúns, eran disfraces comúns,
como habitar unha esfera dende o centro
crónica da derrota das nacións, de vivir á intemperie na procura da contrasinal secreta para acceder ao exterior, verquendo osíxeno e analxésicos incansablemente sobre a morea de cabezas pensantes,
cres que non me cansa?
-non, non fago filosofía, non fago máis que transformarme, obviamente sei distinguir o infinito na sombra dos superheroes, volvinme tola no teatro aquela vez que representaba a Penélope, mazás enormes mordidas por dentes enormes, non esquezas que cada vez que te enfrontes ao monstro e cortes un dos seus apéndices, este multiplicarase por dous e asi será sempre que intentes atopar unha saída ao teu desequilibrio
-por iso sempre son eu quen entra. quen dá a benvida, quen marcha, quen fica trala porta e proxecta unha sombra aterradora?
cantas veces a beleza foi expulsada do mundo eu estaba aló,
convertendo en pedra aqueles a quen amaba
lucidez lucidez
acudide todos que se queima a Casa!
no exterior, os corpos saindo das árbores, dos penedos como querendo volver á nai
se é que temos que volver
ou somos  froito da emanación dalgún deus     Solaris: xoguetes non quero, quero escisións
e materiaización da miña vontade
nalgún eu
acabamento:
facer o amor con todos os pretendentes
situacionismo:
-para serche sincera a miña corrente filosófica preferida sempre foi a das viaxes ao inferno
-e se a cuestión fose como substraer a linguaxe do mundo e non como levala a el?
-daquela, todos os meus anos de aprendizaxe na torre do vixía…
-e antes de decatarte xa estás obrigada ao exilio perpetuo porque o teu nome representa a aniquilación total do poder, da metáfora entendida como poder, do poder entendido como vida, do suxeito entendido como receptáculo dese poder ser ter dereito (léase vinganza) ao exercicio do mesmo
busco unha resposta definitiva á violencia exercida pola palabra, un corpo exento de luz, de raíces,
un habitáculo contra a electricidade, unha intelixencia desprovista de memoria
-que ese eras tí, non me fagas rir!
velaquí o meu drama:
coñezo tódolos camiños para chegar á verdade mais ningún para sair dela
-e quen esperas ser, abstraendo o teu corpo de calquera mirada?
-a quen buscarás daquela, cando desaparezas por completo?
namentres traducía o xeroglífico que me regalaches o día do meu aniversario, aquel martes fatídico,
o bosque pechouse tras de mín,
con tódolos outros substantivos
e foi alí onde construín a miña casa
(negación) da trascendencia
agora terás que descender aos infernos, procurar a salvación da man do Indicible (acólleme no teu ser, agora que o meu é
-desintegración
-da mensaxe
-decreto de espellos enfrontados na loita pola supervivencia da representación
as túas mans limitan o territorio dos meus pensamentos, materializan todas as impurezas, alimentan a besta
espetan  cravos nas paredes da memoria para disimular a dispersión, a vontade de Poder que en mín se traduce como vontade de  Morte, de Diferencia
XENIO MALIGNO (saindo do espello) teño que recoñecer que ela non dí sempre a verdade, que a súa beleza é froito do desexo insaciable polo coñecemento, esa beleza que tí obedeces, as rabuñaduras no espazo-tempo, as lagoas de memoria que permiten vivir cada instante coma unha eternidade. teño que recoñecer que ela é perversa, que non ten medo aos teus fundamentos sólidos, aos teus valores adquiridos nunha búsqueda febril do Sentido
BESTA SALVAXE QUE INUNDA OS CAMPOS  visuais (APERCEPECIÓN=PERDA) as colleitas non son máis que o desexo verquido na terra, a procura do infinito no balde do tempo, un tempo  alleo ás nosas representacións, ás nosas ilusións de permanencia, e que por iso, tamén, constitúe a única posibilidade de acceso á EXISTENCIA                                               -merda! dixen a palabra maldita-  (o xenio maligno rebélase contra o espello, pervirte a súa esencia, esgota a súa apariencia, dálle unha consistencia teórica, é vencido, vence  )
preséntovos ao meu psicanalista, un sombreiro de palla furado pola metade, unha mazá invadida polo escepticismo, unha viaxe ao interior do meu intelecto convulso bastará para sanarte