triloxía para abrir a paisaxe e desentrañar o sentido

Posted by puntodefugaXan 27th, 2010puntodefuga on

I

cristais por diante do pánico

o interior das palabras é azul
o abismo que ofrecen os teus ollos
animal
de séculos escuros e
nada
nas puntas dos dedos

II

a tarde viaxa réptil
na mirada estrábica da metrópole

non hai metáfora nin etimoloxía
que venza este desexo

non facer versos: AGONIZAR

unha viaxe ao centro mesmo do inv(f)erno

III

para cando a voz deven ANIMAL
e as manchas do idioma violentan o espello

Tiq-qun   Tiq-qun

lentamente
o inimigo avanza nas interioridades

a batalla polo real xógase dentro

lingua-esfinxe
palabras-nós

impenetrábeis
átomos de rebeldía

enfrontando o abismo

  • poemas
  • Comentarios desactivados en triloxía para abrir a paisaxe e desentrañar o sentido

IDIOMA

Posted by puntodefugaXan 19th, 2010puntodefuga on

Maurits Cornelis Escher. Relatividade.

acrecentamos as palabras co peso dos invernos
coa xeada e cos ecos dunha voz en erosión constante:
constituimos un presente de baleas
e no noso interior albergamos
patria, incertidume, fragmentos de memoria, peso, poemas, máis peso, espazos para a dor, ruínas, camiños de bosque, argumentos
contra o terror:

IDIOMA

  • poemas
  • Comentarios desactivados en IDIOMA