La nausée
Publicado por puntodefugaxan 31st, 2010puntodefuga on
a escisión como mapa
porque ningún territorio acolle esta fertilidade para a dor,
esta fortaleza de xestos e fantasmas
porque teño que ser cada día máis veloz
para atrapar as fendas da paisaxe e que non entre o frío
ese mecanismo de certezas
e nada máis se alimenta,
nada máis se propaga
e non hai metáfora nin bosque
nin pesadelo nin proxecto de min
nin escenario* nin fiestra
nin idioma
que nos salve.
—-
*poemas son sempre escenarios ou esbozos de ninguén
pegados a unha multitude anónima
心
