Fotografías
volveuse tola a musa dentro de min
e os ratos sairon a festexalo facendo xantar nas conciencias dos habitantes da cidade-país (un exército de ratos contra un exército de cabezas pensantes
velaí a teoria do significado)
estraña é a linguaxe dos super-vivintes,
eses dos que falarán as cancións cando
ningunha voz (léase cámara fotográfica ou desexo de ser fotografiada para a posteridade) se nos impoña sobre o desexo
alternativa:
ollos de gato con amorogos
facer o amor por riba das nubes
e debaixo
palalalalalalalabras
Negativos
dende a realidade que lle impon nomes á vida:
LIPPEN-SCHWELLGEWEBE der Du-Nacht,
e tamén beizos, tecido-límite da noite-tí.
presentir algo semellante,
como sobrevivir daquela,
senón na devastación, na ferida
amplo seria o mundo de haber como e onde e de quen e por que ESPERTAR
cando
Copias
1. Anteollos escuros pra ler a Paul
2. Ósos rotos despois da merenda,
unha fiestra, un ruido de sabor -tempo
entrando polos meus orificios, dando a voz de alarma.
3. Non te entenderán. nin que lles expliques o peso das balas que devecen por seren utilizadas
4. as cancións de Kitsch polo sumidoiro
5. un bosque ardendo a modo de parede
(significar é unha maneira das moitas que ten a pornografía: un acto público con independencia de que os espectadores sexan ou non visibles, obxectivamente existentes)
xuño 28th, 2008 at 11:15 pm
cada vez mais cerca e á vez máis lonxe de Celan.
cando reunes todas estas marabillas e as publicas?
xuño 29th, 2008 at 9:33 pm
niso andamos, niso andamos…
bicos e deica pronto