(negación) da trascendencia

Posted by puntodefugaAbr 12th, 2008puntodefuga on

agora terás que descender aos infernos, procurar a salvación da man do Indicible (acólleme no teu ser, agora que o meu é

-desintegración

-da mensaxe

-decreto de espellos enfrontados na loita pola supervivencia da representación

as túas mans limitan o territorio dos meus pensamentos, materializan todas as impurezas, alimentan a besta

espetan cravos nas paredes da memoria para disimular a dispersión, a vontade de Poder que en mín se traduce como vontade de Morte, de Diferencia

XENIO MALIGNO (saindo do espello) teño que recoñecer que ela non dí sempre a verdade, que a súa beleza é froito do desexo insaciable polo coñecemento, esa beleza que tí obedeces, as rabuñaduras no espazo-tempo, as lagoas de memoria que permiten vivir cada instante coma unha eternidade. teño que recoñecer que ela é perversa, que non ten medo aos teus fundamentos sólidos, aos teus valores adquiridos nunha búsqueda febril do Sentido

BESTA SALVAXE QUE INUNDA OS CAMPOS visuais (APERCEPECIÓN=PERDA) as colleitas non son máis que o desexo verquido na terra, a procura do infinito no balde do tempo, un tempo alleo ás nosas representacións, ás nosas ilusións de permanencia, e que por iso, tamén, constitúe a única posibilidade de acceso á EXISTENCIA             -merda! dixen a palabra maldita- (o xenio maligno rebélase contra o espello, pervirte a súa esencia, esgota a súa apariencia, dálle unha consistencia teórica, é vencido, vence )

preséntovos ao meu psicanalista, un sombreiro de palla furado pola metade, unha mazá invadida polo escepticismo, unha viaxe ao interior do meu intelecto convulso bastará para sanarte

  • poemas
  • Comentarios desactivados en (negación) da trascendencia

deconstrucción

Posted by puntodefugaAbr 10th, 2008puntodefuga on

deixarte chegar, paseniño, onda mín
e daquela, esnaquizar a torre do vixía
(entendo a filosofía non como enfrontarse ao abismo, senón como facerse unha mesma o abismo)
-a súa natureza
-a xeada
-os obxectos voadores non identificados
-o lume
-os caramelos de café con leite
-a nai
-o anaco de humidade na parede no que deches en identificarte

namoreime do teu eu
non do teu espazo nin do teu tempo

(os obxectos de coñecemento invaden os suxeitos na loita pola supervivencia)

-na escisión
(é o único xeito de manterse)
-na ausencia da vida
(do que demos en chamar vida)
-non, non hai terapia posible para xuntar o mundo coa linguaxe
-o medo a viaxar
-a vertixe da fuxida

(que amas o monstro no que me convirto, que iso en calquera caso non é máis que un producto da convención, un uso lingüístico, que obviamente non posúes un corpo)
(multitude) que en calquera caso é inútil amarte, que me ames

……………………
…………………………….
…………………….
………………..

ningunha paisaxe representa o meu estado de ánimo
(as liñas de puntos son só para que saibas exactamente por onde cortar)

  • poemas
  • Comentarios desactivados en deconstrucción