(negación) da trascendencia
agora terás que descender aos infernos, procurar a salvación da man do Indicible (acólleme no teu ser, agora que o meu é
-desintegración
-da mensaxe
-decreto de espellos enfrontados na loita pola supervivencia da representación
as túas mans limitan o territorio dos meus pensamentos, materializan todas as impurezas, alimentan a besta
espetan cravos nas paredes da memoria para disimular a dispersión, a vontade de Poder que en mín se traduce como vontade de Morte, de Diferencia
XENIO MALIGNO (saindo do espello) teño que recoñecer que ela non dí sempre a verdade, que a súa beleza é froito do desexo insaciable polo coñecemento, esa beleza que tí obedeces, as rabuñaduras no espazo-tempo, as lagoas de memoria que permiten vivir cada instante coma unha eternidade. teño que recoñecer que ela é perversa, que non ten medo aos teus fundamentos sólidos, aos teus valores adquiridos nunha búsqueda febril do Sentido
BESTA SALVAXE QUE INUNDA OS CAMPOS visuais (APERCEPECIÓN=PERDA) as colleitas non son máis que o desexo verquido na terra, a procura do infinito no balde do tempo, un tempo alleo ás nosas representacións, ás nosas ilusións de permanencia, e que por iso, tamén, constitúe a única posibilidade de acceso á EXISTENCIA -merda! dixen a palabra maldita- (o xenio maligno rebélase contra o espello, pervirte a súa esencia, esgota a súa apariencia, dálle unha consistencia teórica, é vencido, vence )
preséntovos ao meu psicanalista, un sombreiro de palla furado pola metade, unha mazá invadida polo escepticismo, unha viaxe ao interior do meu intelecto convulso bastará para sanarte
abril 14th, 2008 at 6:38 pm
amo o monstro no que te converteches
e iso que o final non me pareceu moi bo…
de todos os xeitos:
ningunha paisaxe representa o meu estado de ánimo
abril 17th, 2008 at 5:32 pm
(re)publicado na incomunidade
saude