iniciación á construcción de identidades (I): a miña lingua non é senón igual a sí mesma

Posted by puntodefugaXuñ 26th, 2007puntodefuga on

de tódalas cousas que non suceden

pero pasan, son necesarias, producen

un poema, ou a MUSA

(no arrandeadoiro): hoxe contiven o alento

ante a posibilidade de anunciar o teu nome, ben ALTO

e fuxir desta torre defendida

polo noso AMOR e os nosos gatos:

o asedio foi duro, acabáronsenos a pólvora,

o chocolate con leite, as lecturas de Tolkien, de Pavese,

Charenton, o Libro dos Cambios, as ruinas, a memoria, os coitelos

permanentemente a voz, SOMOS INVENCIBLES, a voz nos límites do entendemento, os xiros do yin e o yang nas nosas bocas acendidas, o bosque que tamén é palabra e velocidade e soño e terra mollada e morte

aquela casa co seu cheiro, aquel anel máxico

e eu veña a tecer máquinas, arañeiras,

comprar o pan cada mañá, cocelo, desfacelo na boca

velaquí o meu xeito de habitar a realidade
(a dureza)

a máquina prehistórica -amorpunk- despois viñeron os soños, a materia

en suspensión:

non situarse onde os espazos desexan eles mesmos liberarse e non seren liberados

-se a linguaxe é o poder, non a ferramente senón o poder mesmo

-mais que é o poder senón unha ferramenta?

dixeronme: tí se existes é porque es todopoderosa

e eu afoguei toda a beleza do bosque na mirada

paisaxe (rompendo) VOZ UNIVERSO NACIÓN ÁNIMA

contra a escrita:

1. tapar os ollos, irse baleirando

2. ata non sermos senón igual a nós mesmas:

detonación

velocidade

pranto

 

todopoderosa

materia

 

 

 

 

 

  • poemas
  • Comentarios desactivados en iniciación á construcción de identidades (I): a miña lingua non é senón igual a sí mesma

esbozo de carta de amor (invertindo a pirámide obterás a resposta)

Posted by puntodefugaXuñ 20th, 2007puntodefuga on

xamais confundas a palabra co acontecemento, agora que a choiva levou as colleitas todas e a tí só che deixou o medo, alomenos un vestidiño bonito, nese teu corpo xeitoso, hoxe antes de te deitar descobres américa, lavas a cara, dáslle un bico aos gatos,

a túa verdadeira paixón,

viches como a serie de acontecementos non conseguiu borrar os teus pasos

e corriches canto puideches para entrar a tempo no círculo, mais o outono traía

ollos cheos de rabia, miradas e miradas devolvendo o xeo que botaras pola boca tí,

-canto animal debruzado no espello, cantos paradisos e fertilidade e nocións claras e distintas das que dispoñías como se os planetas e estrelas todos respondesen á túa voz, vidro quente, metal líquido, unha vez cazado o demo que te pariu, xa nada che parece imposible, xa nada pertence a ninguén, unha sólida paisaxe, unha nube desas de sabor incerto, o teu pasado cartón-pedra-tesouro, o material erótico da princesa na torre do método cartesiano,

logo coñecín un pintor sen armas, e así era, así, todo el cara o horizonte, e amei nel a negrura, e a derrota, e os nomes, AUTUMN TEARS, FOSCOR, IN FLAMES, LACRIMOSA, NARSILION, bocas asegurando unha redención innecesaria, velaí porque deixei aquela fe, a flor atravesando o coitelo, a proximidade, NUMEN, idioma ferido pola beleza, beleza destinada a morrer nos ollos do espectador, e converterse en mensaxe, quérote, ANIMAL HUMANO, RACIONAL, ESPELLO INMUTABILIDADE SEXO SEN ARMAS SEN ALMA SEN nomes, os nomes

era preciso crear un universo para traerte outra vez á memoria, NUMEN, o meu amor polo deus astado,

eras tí,

na ausencia de voces, de linguas, de luces de neón, de cores brillantes, obtiven a alta médica e mudeime ao interior do volcán, así quentiña, paso todo o día a esmagar

 

a materia da que están feitos os soños

  • poemas
  • Comentarios desactivados en esbozo de carta de amor (invertindo a pirámide obterás a resposta)

VOSALTRES, PARAULES

Posted by puntodefugaXuñ 19th, 2007puntodefuga on

Vosaltres, paraules, amunt, seguiu-me!
i encara que hàgem anat ja molt més lluny,
massa lluny, encara es va més lluny,
no es va a cap final.

No s’esclareix.

La paraula,
però, sols arrossegarà
darrera d’ella d’altres paraules,
la frase la frase.
Així voldria el món,
definitivament,
imposar-se,
estar ja dit.
No ho digueu.

Paraules, seguiu-me,
perquè no siga definitiu
-no aquesta avidesa de paraula
i dit i contradit!

Ara, durant una estona,
no deixeu que parle cap dels sentiments
que el múscul cor
s’exercite d’una altra manera.

Deixeu, dic jo, deixeu.

No res, dic jo, xiuxiuexant
a la oïda suprema,

per la mort que no se t’ocòrrega res,
deixa i segueix-me, ni dolç
ni amarg,
ni consolador,
no significativament
sense consol,
ni tampoc sense signes-

I tot llevat d’això: la imatge
al filat de pols, rotlle buit
de síl·labes, paraules de mort.

Ni una paraula,
vosaltres paraules!

Ingeborg Bachmann “Poesia completa” traducció de Teresa Pascual i Karin Schepers. Edicions Alfons el Magnànim, Institució Valenciana d’Estudis i Investigació. Valencia, 1995. pps.254-256
4begin.gif

borrador (dos que borran, pero deses que o borran todo: o poema, a voz, a lingua, o sexo, a memoria, a palma da man aberta ao mar que-non-me-leva…)

Posted by puntodefugaXuñ 14th, 2007puntodefuga on

claro que non hai esencias,

quizais sombra, se tivese tempo,

explicaríache o momento preciso no que alimentar

a carne,

os desexos en ringleira acudirían a mín

farían desta linguaxe aire quente

que vence o presente,

sería como unha balea, na danza,

corazón de néboa, país de néboa,

lucidez na punta dos dedos, queimando as palabras co alento,

cidades enteiras nas puntas dos dedos,

destinos, pedras, camiños e rúas molladas,

todo igual ao amor que me pariu:

igual ao amor no que afunden as palabras

noite de hotel de carretera,

daquela eu falar falaba,

para perderme

para perder

a palabra
o coñecemento, as portas abertas que non deixan de sairme ao paso,

pero eu NÉGOAS

inclinaríaste ante mín

doce solpor que me baleiras (ou animal de ollos grandes que me obxectivas)

cando de ser, eu sería

unha paisaxe de cartón-pedra, e, no centro, un xenerador de derrotas,

un navegador de illas desertas

mais ningun lugar me é xa común
agora todo sen máis

acontece

  • poemas
  • Comentarios desactivados en borrador (dos que borran, pero deses que o borran todo: o poema, a voz, a lingua, o sexo, a memoria, a palma da man aberta ao mar que-non-me-leva…)