trigo limpo, mala herba
metal cazador incansable
meu amor fai que venza eu esta vez,
e non esbozos,
esquecer todo o que un día me fixo feliz:
non me debruzo en ningunha xanela nin os meus versos teñen valor ningún porque esquecín o protocolo diante da raiña na aterrizaxe forzosa, en Winterfell, contando baleas, series de trigramas inacabables e dragóns en pleno yang: un exilio para revivir o meu amor imaxinario
pel de lagarto
arde no
cadro, onde o vixía xa non ten escondedoiros, onde todo son ollos,
e, en derredor, suxeito
a mín,
o suxeito, é el, non eu,
é a velocidade do metal líquido,
a beleza das ametralladoras, o paso adiante e maila caida,
sempre pintas espectros tan perfectos que consegues invertir o meu medo,
ruinas
ou ela, nas gaduopas do amante, ferro quente, metal pesado, sen expectativas, non son para tí, son para a pérfida linguaxe
son o ferro, a alimaña, os vidros, o sangue, o destino, tanto me ten parir unha besta ou un producto comprado nas rebaixas, madia levas tí,
nas grandes superficies pouco profundas:
NON SE PRECISA EXPERIENCIA
merda, é o único que teño!
fora daí, a apelación á segunda persoa, tanto me ten, hostilidade e perfección a partes iguais, eu quedo coa metade, e coa outra, faite carne, pero a mín non me chames, non me poñas voz nin lingua nin ubicación nin acabamento
porque a mín
ningunha metáfora
me despraza